Ponlle nome ao noso festival das Letras Galegas
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o noso centro vai organizar un festival musical cheo de talento, cultura e creatividade. Contaremos con artistas convidados, actuacións do alumnado e moitas máis sorpresas.
Por iso, convidámoste a participar neste concurso propoñendo un nome orixinal, atractivo e representativo para o noso festival.
- Podes enviar a túa proposta e tamén votar polas que máis che gusten.
- O nome gañador converterase no título oficial do festival.
Anímate a participar e deixa a túa pegada neste evento tan especial!
- Zatím jste nepřidali možnost hlasování